CRTVG

Buscar

Morre de covid-19 o cantautor mexicano Armando Manzanero

Publicado o 28/12/2020 17:40

Coñecido como o rei do romanticismo, o cantautor mexicano Armando Mazanero faleceu hoxe a causa do coronavirus

Despois de permanecer varios días entubado nun hospital, confirmaba hoxe a súa morte Alejandra Frausto, secretaria de Cultura de México: "Con moita dor, lamento a morte do maestro Armando Manzanero, un dos máis grandes compositores de México. As súas cancións son parte definitiva da educación sentimental dos mexicanos", afirmaba nas redes a secretaria.

A última aparición pública de Manzanero, que tamén era presidente da Sociedade de Autores e Compositores de México, foi o 11 de decembro en Mérida (O Iucatán), onde inaugurou o Museo Casa Manzanero.

Manzanero deixa tras de si un legado inolvidable da historia da música en español, numerosos discos vendidos e innumerables recoñecementos, como o Premio Grammy honorífico no 2014.