CRTVG

Buscar

Morre de coronavirus o ex-policía franquista Billy el Niño

Publicado o 07/05/2020 13:11
Morre de coronavirus o ex-policía franquista Billy el Niño

O ex-policía da Brigada Político Social do franquismo Antonio Fernández Pacheco, Billy el Niño, acusado de crimes de lesa humanidade por torturas durante os últimos anos da ditadura, morreu este xoves de coronavirus nun hospital de Madrid, segundo aseguraron fontes policiais.

Fernández Pacheco, de 73 anos, faleceu sen chegar a ser investigado xudicialmente por delitos de torturas, a pesar das querelas presentadas nos últimos anos polas súas vítimas.

Ademais, o ex-policía tiña pendente que prosperase a petición de retirada das súas condecoracións.