CRTVG

Buscar

Morre de cancro o cantante Pau Donés aos 53 anos

Publicado o 09/06/2020 11:21

O cantante Pau Donés, vocalista de Jarabe de Palo, morreu hoxe aos 53 anos de idade, a consecuencia do cancro que padecía desde agosto de 2015.

Confirmouno o propio grupo na súa conta de Twitter, onde reproducen unha nota feita pública pola familia do cantante.

O músico, nacido en Montanuy (Huesca) e criado en Barcelona, acababa de presentar a primeira canción do seu décimo cuarto disco, titulado Tragas o escupes.

Tras retirarse dos escenarios pola enfermidade, retomara a súa actividade. Donés desmitificou desde o principio o cancro, cando anunciou que padecía a doenza, e amosou en redes a súa evolución.

Jarabe de Palo converteuse nunha referencia do pop español ao longo das últimas décadas, con temas tan coñecidos como La Flaca, Depende ou Bonito.