Morre Concha Márquez Piquer aos 75 anos
Publicado o 18/10/2021 20:20
Este luns faleceu en Madrid Concha Márquez Piquer. A cantante, filla á súa vez da célebre Concha Piquer, tiña 75 anos e morreu a causa dunha infección pulmonar. Estivo casada co toureiro Curro Romero e desde hai corenta anos compartía a súa vida co actor Ramiro Oliveros.
Concha Márquez Piquer recibirá sepultura no cemiterio madrileño de San Isidro, na mesma tumba onde descansan os restos mortais de súa nai.