CRTVG

Buscar

Morre Carriega, o adestrador galego con máis partidos na Primeira División

Publicado o 14/02/2018 10:15

Adestrou o Betis e o Sevilla, o Atlético, o Zaragoza, hoxe faleceu o adestrador galego con máis partidos na Primeira División. Hoxe faleceu Luis Cid, Carriega.

Tiña oitenta e oito  anos, natural de Allariz. Trescentos noventa e sete partidos na Primeira División. Carriega con quen debutou Quini na máxima categoría. Dos poucos adestradores que dirixiran o Betis e o Sevilla. En Sevilla era un ídolo, un técnico moi querido.

Aquí en Galicia estivo no Celta na Segunda División e a principios dos noventa de maneira interina asumiu na Segunda B o C. D. Ourense. E aí o deixou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018