CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Morre Begoña Caamaño, escritora e xornalista da Radio Galega

Publicado o 27/10/2014 15:24

A xornalista Begoña Caamaño, compañeira dos servizos informativos da nosa radio, da Radio Galega, faleceu hoxe, vítima cun cancro.


Incorporouse á cadea no ano 1989 na delegación de Vigo, e catro anos despois pasou á redacción central en Santiago. Estivo sempre vinculada ás seccións de cultura e sociedade e dirixiu e presentou programas como "Trécola", "Andando a Terra", "Club Cultura" ou o "Expreso de Medianoite". É autora tamén das novelas "Circe e o pracer do azul" e "Morgana en Esmelle", que recibiu o Premio da Crítica Española e o Premio da Asociación de Escritores en Lingua galega. Desenvolveu tamén labores sindicais e foi presidenta do comité interempresas desta casa, da Compañía de Radiotelevisión de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí