CRTVG

Buscar

A autopsia determinará se o home que morreu en Camariñas se atragoou comendo

Publicado o 26/07/2019 18:54

Manuel, de 63 anos de idade, estaba comendo neste restaurante. Os que estaban ao seu redor viron que lle ía mal. Un deles chamou os equipos de emerxencia. O aviso produciuse sobre as tres da tarde. Caeu ao chan e varios clientes actuaron con rapidez e conseguiron quitarlle da gorxa dous anacos de carne.

Aos poucos minutos chegaron ao establecemento, situado na rúa Rampla número 1 de Camariñas, a uns 150 metros do porto, unha ambulancia do 061, un helicóptero medicalizado, a médico de garda do PAC, unha patrulla da Garda Civil de Camariñas, axentes da Policía Local e un voluntario de Protección Civil.

Un médico do 061 tivo que quitarlle da gorxa un terceiro anaco de carne e o home parecía recuperado. Os sanitarios puxérono na padiola para levalo ao hospital e foi daquela cando se volveu sentir mal e morreu malia que estiveron unha hora reanimándoo. Non saben se o morte lle veu por un infarto ou por un ataque provocado por a falla de osíxeno.

O falecido estivo no lugar ata que aos servicios funerarios que levaron o corpo ao hospital da Coruña onde se lle fará a autopsia. O resto dos comensais marcharon e o restaurante pechou as porta ata esta mañá.

A maior parte dos atragoamentos prodúcense con anacos de carne. Por iso o primeiro consello é masticar ben mentres comemos.

Román Gómez, director de coordinación do 061: "É importante, ás veces, máis que actuar hai que tratar de previr adiantarnos a esas situaciacións. Por exemplo, tentar mastigar moito máis a carne tratar de non falar ou rirse comendo e especialmente en persoas que teñen problemas ou dificultades para a deglución. Como, por exemplo, doentes que teñen algún trastorno neurodexenerativo, como enfermidade de párkinson, ictus, etcétera".

Desde o 061 recomendan chamar ao numero de emerxencias, xa que se non sabemos como actuar, a maior parte dos casos de atragoamento poden resolverse seguindo as indicacions dun médico.
 
No seu auxilio acudiran ata o restaurante o 061, un helicóptero medicalizado, unha patrulla da Garda Civil, axentes da Policía Local e un voluntario de Protección Civil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/07/2019