CRTVG

Buscar

Morre aos 74 anos na Coruña o histórico dirixente de UXT Galicia Suso Mosquera

Publicado o 13/02/2018 22:41

O histórico dirixente sindical, durante moitos anos secretario xeral de UXT Galicia, Suso Mosquera, morreu na Coruña. Suso Mosquera tiña 74 anos e dedicouse ao sindicalismo activo desde o franquismo, cando militou na Xuventude Obreira Cristiá e despois na Unión Sindical Obreira. En 1977 formou parte da UXT cando ese sindicato se fusionou coa USO. Mosquera modernizou o sindicato e foi secretario xeral ata o 2005. Tamén foi deputado no Parlamento de Galicia ata 1988.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018