CRTVG

Buscar

Morre Andrea Camilleri, o escritor máis lido de Italia, creador do comisario Montalbano

Publicado o 17/07/2019 12:29
Morre Andrea Camilleri, o escritor máis lido de Italia, creador do comisario Montalbano

Morre o escritor máis lido de Italia, Andrea Camilleri, creador do comisario Montalbano; chamouno así pola súa amizade co escritor español Manuel Vázquez Montalbán e pola admiración que sentía sobre as aventuras de Pepe Carvalho.

Andrea foi un escritor prolífico, agora mesmo estaba ditando a súa derradeira novela, porque xa estaba cego. Escribiu máis de trinta novelas, foi guionista televisivo e dramaturgo; estaba ilusionado coa estrea dunha das súas obras este mes de xullo nas termas de Caracalla.

Camilleri, escritor incansable de vocación tardía que comezou a escribir con 53 anos, faleceu en Roma aos 93 anos, despoi de levar 25 días ingresado por un paro cardíaco. Dúas semanas antes do infarto xa caera na casa e partira o fémur.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019