CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Morre Amarelo de Castro, un histórico do PPdeG

Publicado o 19/01/2017 21:35
Esta madrugada faleceu aos 79 anos un histórico do Partido Popular de Galicia: Fernando Amarelo de Castro. Natural da localidade lucense de Muras, De Castro foi un deputado autonómico do PP na etapa de Manuel Fraga á fronte da Xunta, onde desempeñou diversas funcións. Destacou tamén como secretario xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, cargo mediante o que se converteu no máximo responsable de enlazar coa emigración. A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas expresou esta tarde a fonda dor da comunidade galega polo falecemento. O seu enterro será mañá á tarde no cemiterio de Cabreiros, en Lugo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

19/01/2017