Morre Alberto Oliart, o ministro de Defensa que afrontou o xuízo do 23-F
Publicado o 13/02/2021 17:24
Faleceu esta madrugada en Madrid, aos 92 anos, o exministro de Defensa Alberto Oliart. Historia viva de España, unha figura moi vencellada a Galicia, onde tiña casa, e unha peza clave da transición. Ocupou a carteira de Industria e Enerxía e más tarde a de Sanidade, con Adolfo Suárez. Tamén foi ministro de Defensa con Leopoldo Calvo-Sotelo.
Licenciado en dereito, Alberto Oliart, foi ademáis director xeral do Banco Hispano e tamén de Radio Televisión Española.