CRTVG

Buscar

Morre acoitelado un mozo de 20 anos en Madrid tras unha discusión

Publicado o 20/08/2021 09:54
Morre acoitelado un mozo de 20 anos en Madrid tras unha discusión

Asasinan a coiteladas a un mozo de 20 anos tras unha discusión. Os sanitarios atoparon o corpo da vítima no interior dunha casa baixa con dúas feridas por arma branca, unha no centro do corpo, con posible afectación do corazón, e outra na barriga.

Os facultativos comprobaron que non había posibilidade de reanimación e só puideron confirmar o seu falecemento. A arma estaba preto do lugar.

Noticias web

20/08/2021