CRTVG

Buscar

Morre a cría de golfiño atopada río arriba nas Fragas do Eume

Publicado o 14/08/2021 19:28

Imaxes cedidas polo Progreso

Falece a cría de arroaz atopada por uns turistas no río Eume. Con el serían xa catro os exemplares desta especie mortas neste verán en Galicia.

O golfiño foi atopado por uns turistas, a uns cinco quilómetros do mar. O Cemma, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos mariños, conseguiu collelo e levalo a terra grazas á axuda de varias mozos que adestraban con piraguas na zona. O animal faleceu pouco despois do traslado.







 

Noticias web

14/08/2021