Morre a actriz Pilar Pereira, referente do teatro e o audiovisual galego
Publicado o 07/02/2020 21:05
Morreu Pilar Pereira, unhas das actrices decanas do teatro e o audiovisual galego. Nada en 1937, posuía unha das carreiras máis amplas da escena galega e era coñecida popularmente polos seus papeis en televisión, concretamente en series como Mareas vivas, Rías Baixas ou A familia Pita. En 2013 recibiu o Premio de Honra Marisa Soto que entrega a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.