CRTVG

Buscar

Morodo empregou homes de palla para cobrar comisións do Goberno venezolano

Publicado o 24/05/2019 14:56
Morodo empregou homes de palla para cobrar comisións do Goberno venezolano

Novidades na investigación aberta contra Raúl Morodo, ex-embaixador de Venezuela durante o mandato Zapatero, por un presunto delito de branqueo de capitais.

Segundo a documentación que manexan os investigadores, o ex-embaixador utilizou homes de palla que aparecían nos papeis de Panamá para agocharse nunha sociedade para cobrar comisións millonarias do réxime de Hugo Chávez.

Os investigadores cren que branquearon polo menos catro millóns de euros que recibiron de Petróleos de Venezuela por asesoramentos ficticios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019