CRTVG

Buscar

Moreno asegurá que recuperará as competencias municipais de sanidade tras o andazo de listeriose

Publicado o 01/09/2019 15:02

Os pacientes ingresados por listeriose en Andalucía baixan a 61, oito menos ca o día anterior. Amais, nas últimas 24 horas non se dectectou ningún novo afectado pola bacteria. Entre os ingresados hai 23 mulleres embarazadas, e o bebé acabado de nacer coa infección continúa recibindo tratamento.

Ante esta crise alimentaria, o presidente andaluz dixo que o seu Goberno "revisará e recuperará" as competencias en saúde pública que agora teñen tres concellos, Sevilla, Málaga e Granada. Juanma Moreno dixo que iniciará as modificacións necesarias en canto pase o andazo.

Noticias web

01/09/2019