CRTVG

Buscar

Morder as unllas, un vicio que oculta riscos

Publicado o 29/01/2020 15:24

Unha imaxe difundida a través das redes sociais alerta dos perigos que poden estar detrás dun hábito tan estendido como morder as unllas. As infeccións son algunha das consecuencias máis habituais que, en ocasións, poden chegar a ser graves.

"Pode haber un panadizo e mesmo unha necrose nos casos máis graves. Sempre van asociados estes casos a problemas de base, unha inmunodeficiencia, diabetes, trastornos vasculares", explica o dermatólogo Eduardo Fonseca.

Este hábito afecta tanto nenos coma adultos. Detrás del adoitan agocharse motivos relacionados cos nervios ou o estrés.

"Trastornos de conduta, inseguridade, estrés. Hai que buscar recursos de axuda de saúde mental. Aínda que xeralmente soluciónase cun pouco de autocrontrol", di o doutor Fonseca.

Os produtos de aplicación local poden ser unha solución puntual, pero os dermatólogos aconsellan buscar sempre a axuda dun profesional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2020