CRTVG

Buscar

Moraña, no nivel alto de restricións, realiza un cribado poboacional

Publicado o 30/05/2021 14:39

Non é un domingo calquera en Moraña. Algo máis dun cuarto da súa poboación está chamada entre hoxe e mañá, a un cribado poboacional que se realizará en dous tramos de idade. Este domingo é a quenda dos veciños e veciñas de 30 a 39 anos.

Moraña ten 14 infectados, dous menos ca onte, o que a sitúa dende hai días no nivel alto de restricións. De chegaren a unha incidencia de 500 casos por 100.000 habitantes, este concello quedaría pechado perimetralmente.

A hostalaría é agora mesmo o sector máis prexudicado. Non poden atender no interior e nas terrazas a ocupación permitida é do 50 %.

O lunsserá a quenda da poboación con idades comprendidas entre os 50 e os 65 anos.

Noticias web

30/05/2021