CRTVG

Buscar

Moraña é o concello da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés con maior incidencia

Publicado o 28/05/2021 15:00

Afánanse en limpar os restos de pegamento. Precisan as mesas para aumentar a terraza e suplir un pouco o peche do interior, aínda que sexa ocupando espazo público. Ata o de agora, o Concello fixo a vista gorda.

"Teñen un pouquiño a manga ancha non sentido de que todos poidamos traballar un pouco. É ou facer isto ou pechala porta e ir para casa", comenta a camareira ​Celsa Alonso. 

O Concello está por botarlles unha man, pero os positivos aumentan e o medo tamén.

"Igual temos que restrixir que se xunte na hostalaría máis xente porque pode ser que sexan un dos focos de contaxio. Os últimos casos que están aparecendo son casos illados, non son gromos en grupos familiares ou grupos de traballo e iso é o nos preocupa", informa o alcalde José Cela. 

Moraña non está pechada perimetralmente, aínda que moita xente así o pensa. Os comerciantes lamentan a mala información e a incerteza que iso provoca o que prexudica os seus negocios.

"A incerteza, e é que moita xente di que non se pode ir a Moaña, xente doutros sitios. Onte mesmo unha rapaza de Cuntis me dicía que xa non podía vir que o sábado nos volvían a pechar e díxenlle eu, non, non nos pechan", apunta ​Susana Vieitez, que é peiteadora. 

Polo de agora, o único que está pechado é o interior dos locais de hostalaría, pero todos están esperando os resultados que se desprendan dos cribados desta fin de semana.

Noticias web

28/05/2021