CRTVG

Buscar

Morales lidera a vitoria do Levante diante do Osasuna

Publicado o 27/09/2020 15:16



Remontada de mérito do Levante no Sadar. De branco e negro nas imaxes. E iso que o partido lles arrancou costa arriba, porque aos 37 minutos mentres aínda se laiaban por ese erro de Morales... Herrera sacou de porta, tocouna Calleri, Rubén García meteulle o calcaño e Roberto Torres puxo por diante a Osasuna. Mazazo pro Levante e gol de Roberto Torres, minuto 38.

A primeira metade foi bonita, con ritmo e oportunidades. E antes de acabarse, nela, o Levante xa conseguiu igualar, cun envío ás costas da defensa, con dirección Morales. O Comandante soubo poñela
pro remate -impecable- de Melero.

No segundo tempo, o Levante tomou o mando e con Morales como xogador desequilibrante, resolveu o partido. Puido xa encamiñalo logo dese penalti por man de Raúl Navas. Mais fallouno Roger. Minuto 68. Pero acabaría por definilo nos 20 minutos finais. Primeiro tras un servicio -non esento de fortuna- de Campaña pra Roger. Gol, agora si, de Roger. 1-2. Reparen en que Campaña quixo tocala de primeiras de calcaño, despistou, e saíulle un control perfecto.

E na xogada segunte nova labazada do Levante, tras un centro de Roger Martí que Morales empurrou na mesma faciana de Sergio. O Comandante estaba en posición correcta. 1-3 en Pamplona. Primeiro triunfo do Levante na Liga, con sensación de equipo con pegada, con gol, e cun referente que loce galóns de Comandante, Morales.



 

Noticias web

27/09/2020