CRTVG

Buscar

Morren un home e o seu fillo ao arder a súa casa en Málaga

Publicado o 05/11/2018 15:48

O concello da localidade malagueña de Arriate decretou tres días de loito pola morte, esta noite, dun home e o seu fillo menor de idade. Manuel de 55 anos e Rafael de 16 quedaron atrapados no piso superior da súa casa onde se declarou un incendio contra as dúas da mañá. Crese que o lume se orixinou nun braseiro.

Outros seis membros da familia salvaron a vida grazas á actuación dos veciños e da Garda Civil. Todos tiveron que ser atendidos por inhalación de fume e catro foron derivados ao hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2018