CRTVG

Buscar

Montse Lama dáse de baixa do PP e abandona todos os cargos na Deputación de Ourense

Publicado o 20/02/2019 20:59

Montse Lama, un dos membros do núcleo duro de goberno de Manuel Baltar na Deputación de Ourense, abandona todos os seus cargos e dáse de baixa no Partido Popular. Iso si, di que continuará en política e baralla, entre outras, unha proposta de Ciudadanos.

Esta executiva para elixir candidato do PP en Xinzo foi o punto de inflexión que levou a Monste Lama a decidir darse de baixa no Partido Popular, formación en que militaba dende hai sete anos. Di que non se sente apoiada. Abandona o partido e todos os seus cargos no Goberno provincial como deputada de transparencia e voceira da Xunta de Goberno e tamén como edil en Xinzo e baralla xa outras alternativas.

Di que o PP seguirá a ser o partido máis votado nos vindeiros comicios e confía en manter o Goberno provincial.




 

Noticias web

20/02/2019