CRTVG

Buscar

Monterroso agarda pola Xunta Electoral para desfacer o empate entre socialistas e independentes

Publicado o 29/05/2019 20:49

Só dous concellos españois rexistraron un empate entre os gañadores o pasado 26 de maio, un de Málaga e Monterroso. Na vila luguesa, os independentes do ex-alcalde Antonio Gato e o PSOE sacaron cada un 798 votos. O desempate podería decidilo a Xunta Electoral, que estuda dar por boa unha papeleta dos socialistas anulada por ir no sobre das europeas.. De ser así, os socialistas quedarían con 4 concelleiros, os independentes 3 e o PP outros 3. Previsiblemente, non afectaría os futuros pactos: Gato, ex-militante socialista, non quere nada cos seus antigos compañeiros. Antonio Gato Independientes por Monterroso "De ningunha das maneiras. O PSOE, para min, en Monterroso xa non existe. O pacto que eu pido do Partido Popular debe de ser un pacto estable, duradeiro, e que mire sempre polos intereses dos monterrosinos e das monterrosinas"

O desempate está en mans da Xunta Electoral de Chantada. Se persiste, a lista gañadora elixirase por sorteo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019