Montero ve factible xogar polo ascenso
Publicado o 12/02/2020 14:45
O central está abraiado coa resposta do deportivismo
O Deportivo pide licenza para soñar. Montero ve factible mesmo xogar a promoción de ascenso.
Montero medrou coa defensa de tres centrais de Fernando Vázquez, despois de aturar moitas críticas.
O xogador confesa que está abraiado coa resposta do deportivismo ante As Palmas e pide algo similar para o venres
Un apoio que considera vital para facer de Riazor un fortín.