CRTVG

Buscar

Montero reúne as comunidades para abordar a suspensión das regras fiscais

Publicado o 05/10/2020 15:00

A ministra de Facenda reúnese coas comunidades autónomas para informarlles da suspensión das regras fiscais. Supón que as administracións non terán límite para executar gasto público.

María Jesús Montero vailles detallar aos conselleiros de Facenda o teito de gasto e as previsións macroeconómicas para a elaboración tanto dos presupostos xerais do Estado como das contas autonómicas. Tamén abordarán a distribución do fondo de reconstrución europeo.

Noticias web

05/10/2020