CRTVG

Buscar

Montero descarta "concesións políticas" a ERC nos presupostos do ano que vén

Publicado o 05/08/2021 12:11

A ministra de Facenda está elaborando os presupostos xerais do ano que vén. Xa empezou a negocialos co socio de Goberno, con Unidas Podemos, pero necesita ademais o apoio dos partidos nacionalistas.

A Esquerra Republicana mándalles unha mensaxe: non está disposta a incluír concesións políticas nas contas do Estado.

"Non se van incorporar elementos ao Presuposto que nada teñen que ver coas contas públicas", asegura María Jesús Montero, que considera que "na política hai tempo para todo".

Noticias web

05/08/2021