CRTVG

Buscar

Montero advirte que Sánchez convocará eleccións se non se aproban os orzamentos

Publicado o 29/01/2019 19:30

O Goberno segue sen ter os apoios suficientes para apoiar os presupostos do Estado. A ministra de Facenda advirte de que se non saen adiante Pedro Sánchez convocará eleccións este ano.

"A miña impresión é que o presidente vai cumprir o que dixo hai unhas semanas, onde estableceu que, se non había proxecto de presupostos, as eleccións celebraríanse ao longo do ano 2019", dixo a ministra de Facenda.

Para o PP esta advertencia forma parte da estratexia do Goberno para meter presión aos seus socios na mocion de censura.

"Queremos toda España que se convoquen xa eleccións para poñer fin ao desgoberno de Pedro Sánchez. Pero, lamentablemente, estamos ante unha nova táctica de presión aos seus socios e non ante o cumprimento da palabra que Pedro Sánchez deu cando se produciu a moción de censura", asegurou a vicesecretaria de comunicación do PP.

 

Noticias web

29/01/2019