CRTVG

Buscar

Montero agarda que a lei do 'só si é si' poida aprobarse nos vindeiros meses

Publicado o 23/03/2021 21:02

A ministra de Igualdade espera que a Lei de garantías da liberdade sexual, coñecida como a lei do 'só si é si', se aprobe nos próximos meses.

Nun acto en liña con varios colectivos feministas, Irene Montero defendeu que as vítimas da violencia sexual en España non teñen aínda protexidos nin garantidos plenamente os seus dereitos.

O anteproxecto da lei que impulsa Igualdade contempla penas de ata 15 anos para o delito de violación, e pon o consentimento expreso como clave para distinguir entre unha relación sexual libre ou forzada.

Noticias web

23/03/2021