CRTVG

Buscar

Montederramo dá a coñecer a calidade da súa carne

Publicado o 11/10/2019 20:34

Montederramo celebra este sábado a Festa da Carne, un evento que naceu hai xa 26 anos para dar a coñecer a calidade do produto que se  cría no Macizo Central ourensán. Trátase dun dos municipios con máis gandería de Ourense. Contabilízanse unhas 6.000 cabezas de gando. Neste intre conta cuns 80 produtores, a metade menores de 40 anos. Xente nova que apostou por un sector que vai ligado a identidade deste municipio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019