O hospital de Montecelo suspende as cirurxías non urxentes
Publicado o 28/01/2021 12:08

A situación é complicada nos hospitais. O de Montecelo, en Pontevedra, xa decidiu suspender todas as cirurxías, agás as urxentes, as oncolóxicas e as de prioridade 1.
Todo para facer fronte ao aumento de ingresos pola covid. Ademais, non desbotan que nas próximas xornadas se teñan que facer novos traslados de pacientes a outros hospitais. Ao tempo, Montecelo lida co gromo detectado no departamento de medicina interna, con máis de 30 afectados.
Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés hai neste momento 116 hospitalizados por coronavirus e 17 nas UCI.