CRTVG

Buscar

Monteagudo: "Temos que ter claro que é e onde está o Lugo"

Publicado o 22/04/2019 20:33

Alberto Monteagudo despediuse do Lugo cargando contra as saídas este inverno de Emilio Viqueira, director deportivo, e dous xogadores, Kravetz e Azeez. Monteagudo cre que a súa destitución chega en mal momento. Marcha con catro vitorias en 23 partidos.

"Penso que o momento pode ser que non sexa o acertado. A inxustiza no fútbol? Ao final os números son os que son. Si penso que os dirixentes, o presidente, en xeral, temos que saber onde estamos. Que é o Club Deportivo Lugo e onde está. Cal é o orzamento do Club Deportivo Lugo e que houbo que facer no verán, prolongar os contratos polo tema do presuposto que tiña o club e polo que lle chamaron a atención", dixo o ex-adestrador.

Noticias web

22/04/2019