CRTVG

Buscar

Monteagudo: "Cremos que sabemos como facerlle dano ao Granada"

Publicado o 18/04/2019 17:57

O Lugo  este sábado recibe no Anxo Carro ao Granada, ao terceiro clasificado. A mellor das noticias hoxe en Lugo é que Seoane xa traballa co resto. O de Ames confía en estar xa a disposición do equipo a partir da próxima semana. Pero pensando no Granada, Monteagudo está tendo problemas para confeccionar a convocatoria: Pita, Campillo, Juan Muñiz e Tete Morente están entre algodóns. E o sábado chega o Granada...un rival de entidade. 

Alberto Monteagudo, adestrador do C. D. Lugo: "É un equipo que si que te somente co control do xogo, pero nós cremos que sabemos como facerlles dano, e a liña é a que estamos seguindo. Un equipo chisposo, dinámico, rápido, agresivo sen balón e intentar facelos correr para atrás, se os facemos correr para atrás teremos opcións."

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019