Montaxe contra o reloxo das atraccións do San Froilán
Publicado o 01/10/2021 20:57
O deste ano será un San Froilán contra o reloxo. Nas rúas do recinto feiral comezaron a delimitar a zona, pero os feirantes aínda non puideron comezar a montar as atraccións. A decisión a última hora de permitilas fai que estean aínda pendentes da autorización dos técnicos.
Con todo, aínda que a montaxe será apurada, os responsables das barracas agradecen poder traballar. Tamén houbo polémica con algúns vendedores ambulantes de alimentación. Desta volta non hai as tradicionais casetas, pero non faltará o polbo en numerosos bares e restaurantes da cidade.
Tamén se ultima a montaxe de recintos e escenarios para acoller os diversos concertos.