CRTVG

Buscar

Monta unha árbore de Nadal de seis metros e case 4.000 lámpadas en Gondomar

Publicado o 14/12/2020 14:55

Neste Nadal que se presenta tan estraño son moitos os que tentan celebralo dun xeito especial, dentro do que permiten as restricións. É o caso dun veciño de Gondomar, que leva dende o verán argallando a decoración de Nadal para a súa casa.

E montou nada menos ca unha árbore de seis metros, con case 4.000 lámpadas que pode verse dende varios quilómetros.

Á luz do día un non imaxina as dimensións da estrutura que coroa o Val Miñor. É froito do traballo de Miguel, un enxeñeiro informático que leva meses dándolle forma ao seu soño de Nadal. 

Segundo Tamara Santos, xa en maio Miguel amosoulle un vídeo co que ía montar, e pensara que era broma, pero uns amigos de Barcelona picáronlle dende agosto, e ao fin o montou.

O propio Miguel dos Santos  dí que é unha estructura bastante pesada, o poste ten 6 metros de lonxitude, e a base é de aceiro, e para levantalo era difícil, coas 32 filas de luces que ten.

Para iso contou coa axuda da familia e, a maiores, artellou un espectáculo de luz e son inspirado na iluminación do Nadal de Vigo. 

Miguel conta que o show se repite ás horas en punto, dende as sete ata as dez da noite, e vai con música sincronizada. Dura 16 minutos, e logo vai sen música, só con efectos na árbore para non molestar.

Os veciños están encantados deste espectáculo que pode desfrutarse dende varios quilómetros á redonda. Segundo Tamara, aos veciños encántalles, sobre todo ver a cara dos nenos pequenos é o mais bonito, mais todavía neste ano que estamos a vivir. 

 

 

 

 

Noticias web

14/12/2020