CRTVG

Buscar

Mónica Permuy: "Os nenos deben estar rodeados de persoas coas que se senten seguros e vinculados emocionalmente"

Publicado o 18/09/2019 11:52

Mónica Permuy, directora da Fundación Meniños, que ten un programa de atención a menores que tamén son vítimas de violencia de xénero. Con ela conversa Fran López Iglesias no Bos días para coñecer que se debe facer cos nenos que viven un proceso traumático, como é o caso dos do triplo crime de Valga.

"O que hai que abordar agora con serenidade, porque vai facer falta tempo, é a reparación do dano que este acontecemento produciu na vida destes nenos. O que pasou non se pode desfacer, pero si que se pode traballar para que poidan desenvolver a súa vida con saúde. Hai que traballar nas pegadas que estes acontecementos traumáticos deixan no corpo, na mente e na alma das persoas, destes nenos".

"Que un neno teña catro anos e non poida manifestar a súa consciencia do ocorrido non quere dicir que isto non impactase nel. A recuperación dos pequenos pasa moito polo traballo das persoas que o rodean. Hai que restaurar arredor destes nenos un contexto de seguridade física e emocional e iso depende das persoas que forman parte do círculo de confianza destes nenos".

"Deben estar rodeados das persoas coas que se senten seguros e vinculados emocionalmente".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019