CRTVG

Buscar

Monforte, segundo concello en Lugo en nivel vermello tras detectar un gromo con máis de 20 casos

Publicado o 23/10/2020 09:35

Monforte segue o pasos da capital e pasa a nivel vermello tras detectarse máis de 21 contaxios na última semana, a maioría pertencen o mesmo gromo, que se iniciou nunha cea entre tres parellas, dese foco houbo varias ramificacións de expansión do virus que preocupaban, xa que os primeiros infectados estaban vinculados laboralmente a persoas vulnerables.

Crese que ese foco foi a orixe do gromo detectado na residencia de persoas con discapacidade de Bóveda en que xa hai 8 usuarios contaxiados e 11 traballadores. O gromo tamén derivou en varios casos nos centros educativos locais e nalgunha asociación deportiva.

A escalada de casos continúa tamén nesta provincia. Nas últimas 24 horas rexistraronse 46 novos contaxios. A boa nova e que descende a presión hospitalaria. Na provincia só hai 16 enfermos hospitalizados.

Noticias web

23/10/2020