CRTVG

Buscar

Monforte celebra unha votación para elixir entre monarquía ou república

Publicado o 28/03/2019 21:04
Monforte celebra unha votación para elixir entre monarquía ou república

En Monforte vaise celebrar unha votación para elexir entre monarquía ou república. É a consulta promovida por un grupo de veciños que recoñecen que non é máis que o intento de coñecer a opinión cidadá sen ningunha validez legal e sen contar cun censo. Quen queira participar poderá facelo nunha urna no centro de Monforte e respondendo dúas preguntas: se se está a favor de cambiar o modelo de estado e se debe ser unha monarquía ou unha república. A votación está convocada para o 13 de abril.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2019