CRTVG

Buscar

Monedero declara como suposto autor dunha factura falsa

Publicado o 15/03/2021 08:47
Monedero declara como suposto autor dunha factura falsa

Juan Carlos Monedero declara hoxe como imputado ante o xuíz que investiga a xestión de Podemos. A policía sinálao como autor dunha factura falsa para xustificar unha transferencia de máis de 26.000 euros da consultora Neurona, contratada por Podemos para as eleccións de abril de 2019.

Monedero pediulle ao xuíz que permitise o seu acceso aos xulgados de forma alternativa á habitual para garantir a súa integridade física. O xuíz rexeitono, negando que haxa problemas de seguridade.

Noticias web

15/03/2021