CRTVG

Buscar

Monedero debe aclarar o cobro de máis de 26.000 euros da consultora Neurona

Publicado o 17/02/2021 16:18

Juan Carlos Monedero terá que declarar o vindeiro 15 de marzo unha factura da consultora Neurona que chegou ás mans do xuíz que investiga o presunto financiamento ilegal de Podemos.

O xuíz quere que Monedero lle aclare en concepto de que cobrou os 26.200 euros desta consultora dous meses antes de que a formación morada contratase os seus servizos para a campaña electoral de 2019.

Investígano por supostamente falsificar esa factura para xustificar ese cartos que cobrou da consultora. A UDEV, a unidade de delincuencia especializada, que traballa en casos de corrupción, foi a que achegou o informe. Nas filas de Podemos non hai reaccións.

Monedero segue estreitamente vinculado a Pablo Iglesias e continúa como ideólogo do partido. Con el son xa catro as persoas relacionadas con Podemos imputadas no caso Neurona.

Noticias web

17/02/2021