CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Mondoñedo: roubos reiterados no "Rei das Tartas"

Publicado o 18/08/2015 20:41


Catro roubos en dous meses no mesmo establecemento. Dende logo un balance para estar preocupado.

Un dos asaltantes detense un momento ante a caixa rexistradora pero segue de longo, coñecedor, tal vez, de que o propietario deíxaa baleira todas as noites. O segundo obxectivo é a máquina comecartos, que conseguen rebentar en tan só uns segundos e marchan co botín.

Coñecedores da presenza das cámaras, deambulan polo local coa cabeza cuberta sen importarlles que os graven. Un deles leva na man unha pata de cabra e na outra unha barra, que parece ser de ferro.

Esa e a secuencia das cámaras de seguridade coas que traballa a Policia para identificar aos ladróns do establecemento situado na nacional 634, que funciona como sucursal do principal "rei das Tartas" de Mondoñedo e que vai dirixido sobre todos aos condutores que circulan por esa estrada.

O roubo quedou capturado en imaxes grazas ao sistema de seguridade instalado despois de catro asaltos nos dous últimos meses.

Pola similitude no modo de operar dos ladróns, é moi posible que se trate sempre dos mesmos, aínda que nesta última ocasión variaron o xeito de acceder ao local: non forzaron a porta principal e entraron por unha secundaria.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí