CRTVG

Buscar

Mondoñedo ofrece servizos especiais para os transportistas

Publicado o 30/03/2020 15:34

Co peche dos locais de hostalería e de zonas comúns das estacións de servizo, os transportistas que seguen traballando apenas teñen onde parar para ducharse, ir ao baño ou descansar. Por iso, o concello de Mondoñedo habilitou un aparcadoiro e os vestiarios do complexo deportivo da localidade para que os condutores de camións e outros transportes de mercadorías poidan facer unha parada e repoñer forzas antes de continuar.

"O sector do transporte viña demandando ter lugares onde poder facer paradas e nós ofrecemos encantados as nosas instalacións do complexo das Viñas da Veiga".

As instalacións están abertas pola mañá e pola tarde. Por Mondoñedo entra en Galicia boa parte do tráfico procedente da cornixa cantábrica.

Noticias web

30/03/2020