CRTVG

Buscar

Mondoñedo encabeza o proxecto de Rehabilitación e Rexeneración Urbana da Xunta

Publicado o 13/02/2020 20:38

O Concello de Mondoñedo é o primeiro de Galicia en acollerse ás axudas do plan Rexurbe. O obxectivo é rehabilitar preto dun cento de inmobles e favorecer así o alugamento e a actividade económica.

O proxecto inclúe tamén a creación de novos accesos para a zona histórica, declarada Ben de Interese Cultural, e melloras en distintos espazos urbanos para facilitar o día a día de veciños e visitantes.

Crear espazos para os artistas ou máis servizos para as persoas maiores tamén fai parte do proxecto de Mondoñedo para a súa área Rexurbe.

Noticias web

13/02/2020