CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Mondoñedo convértese no primeiro concello de Galicia que pode autorizar directamente intervencións patrimoniais

Publicado o 16/05/2018 15:03

Mondoñedo converteuse hoxe no primeiro concello de Galicia coa habilitación completa para autorizar intervencións patrimoniais. Faino despois de que a nova Lei de patrimonio cultural incorporara esta técnica descentralizadora que beneficiará os veciños axilizando trámites e acurtando prazos.

Con estas sinaturas, Mondoñedo dá un paso máis para axudar os seus veciños a eliminar burocracia e axilizar trámites. Convértese no primeiro concello de Galicia con habilitación en materia de patrimonio. Con este método descentralizador, obras como arranxar unha vivenda ou cambiar unha cuberta van ser moito máis sinxelas e o papelame que veciños e empresarios tiñan que en moitas ocasións derivar a nivel provincial ou autonómico resolveranse no propio Concello.

Só quedan excluídos deste convenio, que xa se está a xestionar con outros concellos, os bens declarados de interese cultural, os bens arqueolóxicos e os que sexan titularidade da Igrexa ou do ámbito do Camiño de Santiago.