CRTVG

Buscar

Mondoñedo abrirá o seu Mercado Medieval cunha peza teatral sobre as orixes da vila

Publicado o 02/08/2019 17:53

A piques de entrar nos quince días mais festivos do ano, aínda non pasamos esta fin de semana e moitos xa están argallando a vindeira porque hai moito onde escoller. De hoxe en oito días, Mondoñedo vaise trasladar ao medievo co seu mercado medieval entre dragóns, xograres e cabaleiros de brillante armadura.

Ata haberá vodas polo rito mozárabe, xogos de capturar o mercenario e demostracións de oficios e de cetrería e asistirá nada menos que o mariscal Pardo de Cela. Xa poden consultar todo o programa que presentou esta mañá a directora de Turismo, Nava Castro, no mercado de abastos da vila canda á alcaldesa de Mondoñedo.




 

Noticias web

02/08/2019