CRTVG

Buscar

Mondariz, elixido polas revistas especializadas como mellor balneario no ano 2019

Publicado o 22/09/2019 09:24
Mondariz, elixido polas revistas especializadas como mellor balneario no ano 2019

Esta semana, a revista Telva volveu destacar o balneario de Mondariz como líder no seu ránking anual, recoñecemento que se une os doutras asociacións e revistas especializadas, como Harper Bazaar, Forbes, Mujer Hoy, Traveler Conde Nast ou Marie Claire, ademais doutros medios dixitais, como a web Turismo de Bienestar, que esta semana destacaba no primeiro lugar preferido dos seus usuarios o balneario.

Mondariz, ubicado na vila termal de Mondariz-Balneario é todo un referente europeo do termalismo. As súas augas mineromediciais foron declaradas de utilidade pública en 1783 e seguen chamando cada ano a miles de visitantes e turistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí