CRTVG

Buscar

Moncloa confirma a continuidade de Grande Marlaska e Reyes Maroto á fronte de Interior e Industria

Publicado o 10/01/2020 09:56

As información sobre o novo executivo seguen chegando a contagotas. Preto das nove e media da mañá, confirmábase que Fernando Grande-Marlaska repite como ministro do Interior, no novo Executivo de coalición que preside Pedro Sánchez. Así mesmo, confírmase a presenza no Gabinete Ministerial da titular de Industria, Reyes Maroto.

Con estas dúas confirmacións son xa quince os membros do Goberno confirmados por Moncloa, se incluímos o propio Pedro Sánchez. Anuncia tamén Moncloa que haberá un ministerio específico de Seguridade Social, Inclusión e Migracións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020