CRTVG

Buscar

O PSOE mételle presión a Podemos e advírtelle que só haberá unha investidura

Publicado o 28/06/2019 08:07

María Jesús Montero, ministra de Facenda en funcións: "Non vai haber segunda volta, e, polo tanto, o que vote cada partido vai ser determinante para poder seguir traballando e avanzando". É a advertencia que o PSOE lle fai a Unidas Podemos: se non apoian a Sánchez na investidura de xullo, estarán abocando o país a unhas novas eleccións.

Os de Iglesias responden que se queren os seus votos terán que gañalos.

 Rafa Mayoral, Unidas Podemos: "Está baixando os brazos e dicindo que quere ir a eleccións?, eu creo que non, eu creo que terá que traballar".

Os socialistas desmenten que prefiran pactar coa dereita, e moito menos que llo dixeran así a Podemos.

 Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno en funcións: "En absoluto é verdade. Nós o único que pedimos é que a dereita non obstaculice"

Tanto o PP coma Ciudadanos mantéñense no non a Sánchez.  

Inés Arrimadas, portavoz parlamentaria de Ciudadanos: "Que non maree máis a perdiz o señor Sánchez, que xa sabemos con quen vai pactar, cos populistas de Podemos e cos nacionalistas".

Pablo Casado, presidente do PP: "A investidura téñenlla que facilitar os partidos que teñan algo que ver con el. E o PP non só é a oposición, senón a alternativa".

Os tres lideres independentistas de Junts per Catalunya presos pedíronlle por carta á dirección do partido que se absteñan para facer presidente a Pedro Sánchez, que pode ter o apoio tamén de Esquerra e de Bildu. Pero sen Podemos, a investidura segue no aire.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019