CRTVG

Buscar

Moncloa admite erros na publicación dos resultados provisionais das eleccións

Publicado o 29/05/2019 18:40

O Goberno admite erros na publicación dos resultados provisionais das eleccións municipais. O Executivo culpa a empresa encargada da difusión dos datos. 

As contas non cadran en moitos concellos. O número de votos escrutados non coincide co que aparece na páxina do Ministerio do Interior. O problema é común. Aparentemente, di Moncloa, hai milleiros de votos sen escrutar en toda España. Pero garante que non é así.

Segundo a versión do Goberno, a empresa encargada da difusión dos resultados atribúe a cada partido unicamente os votos que lle valeron para obter cada concelleiro, pero non o resto. Todos eses votos quedan sen contabilizar na páxina de Interior, malia que si foron escrutados. Por iso, di Moncloa, faltan votos só aparentemente.

O Executivo afirma que está traballando para resolver a situación. Ao tempo, as xuntas electorais están xa verificando o escrutinio para proclamar os resultados definitivos. Os socialistas denunciaron erros que poderían cambiar as posibilidades de goberno en capitais como Eivisa ou León.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019