Moncho Fernández sobre o Betis, último clasificado: "Se me preguntades o lugar que ocupa, pois non o sei. Só miramos o seu cadro de xogadores e o seu xogo"
Publicado o 21/10/2021 17:54
Malia que o Real Betis ocupa o último posto da ACB, para Moncho Fernández este dato significa ben pouco: "Se me preguntades o lugar que ocupa o Betis, pois non o sei, podedes crelo. Non sei en que posto está na clasificación. Iso no serve de nada. O que sei é o que poden facer este equipo e estes xogadores. Só miramos o cadro de xogadores e o xogo que pode desenvolver o rival" apuntou o técnico.