Moncho Fernández seguirá como técnico do Obradoiro
Publicado o 04/06/2021 16:57
Moncho Fernández renovou o seu contrato co Obradoiro ata 2023.
Había dúbidas de se o técnico santiagués, que leva vinculado ao club dende 2010 e foi artífice do ascenso á Liga Endesa, continuaría unha temporada máis co conxunto santiagués.
Dende ese momento, acumulou 163 vitorias e 211 derrotas. Finalmente Moncho e Obradoiro seguirán xuntos da man na ACB.